Roteiros Bosquinenos:
educando no coñecemento e respeto pola Natureza!
INFORMACIÓN RELEVANTE
Cómo
Inscribirse
1) Entra en EVENTOS, selecciona a actividade e día ao que queredes asistir, cubre o Formulario de inscrición e sigue as instruccións de pago.
2) Recibirás un EMAIL co teu TICKET de entradas como confirmación. Deberedes gardalo ata o día da actividade.
3) Uns 2 días antes do roteiro recibiredes por email toda a info do mesmo: Ubicación do punto de encontro, recordatorio horarios e recomendacións
Tarifas
TARIFA XERAL
Adulto*: 6 €
Nen@**: 12 €
TARIFA FAMILIAR
Nen@s: 10 euros
Adultos: 4 euros
Tarifa Familiar a partir da inscrición de 3 persoas.
INCLÚE: Educadores ambientais + material actividades + seguro
Qué pasa si vai a chover o día da actividade
O EVENTO SE APRAZARÁ A OUTRA DATA.
O aviso de confirmación do evento se vos envía por EMAIL dous días antes da data da actividade, Xunto co resto de información do evento.
Non se realizan Devolucións.
Quen pode participar
FAMILIAS AO COMPLETO
O Rango de idade dos menores dependerá de cada evento.
Menores sempre acompañados polo menos por 1 adulto acompañante.
Tendes un Vale non disfrutado
Si sodes posuidores dun Vale e vos queredes inscribir nalgunha actividade facendo uso del podedes facelo en calqueira outro evento similar que organicemos.
Para inscribiros a outro evento cun Vale podedes facelo escribíndonos por Whatsapp ao 662140027, indicándonos o evento ao que queredes asistir e enviándonos o pdf do Vale.
Unha vez inscrito nun evento Só permitimos 1 cambio de evento por reserva, sempre e cando nos avisedes do mesmo cambio con 5 días de antelación.
Estades inscritos e NON podedes asistir
Non se realizan devolucións.
Pero Si estades inscritos nun evento e finalmente non podedes asistir a él, TENDES 2 OPCIÓNS:
1) Solicitarnos trocar os tickets de entrada por un VALE, cun valor igual ao importe dos tickets xa pagados. Poderedes trocar o vale por outros tickets de entrada para calquer outro evento similar que organicemos.
Para ter dereito a o Vale deberedes comunicarnos a anulación da vosa asistencia como mínimo con 5 días de antelación (con respecto á data de realización do evento)
- Límite de prazo para disfrutar do VALE: 1 ANO
2) Cambiarse de evento a outra data ou lugar..
Só se permite 1 cambio de evento por Reserva.
Que debedes levar
ROUPA E CALZADO APTO PARA O MONTE e adecuados ás condicións meteorolóxicas imperantes
Preferible roupa impermeable e de abrigo
MANTEL de PICNIC, esterilla de deporte ou similar: para sentarse
Algo de merenda para a parada de descanso de media mañá e Cantimplora con AUGA
Cómo saber a ubicación do punto de encontro
2 Días antes do evento recibiredes un EMAIL no cal vos enviaremos a Confirmación del evento, (dependente da previsión meteorolóxica) + ubicación do punto de encontro + recordatorio e recomendacións