
Excursións á Natureza con Centros educativos
Excursións dirixidas a escolares para coñecer e descubrir diferentes espazos naturais da Provincia de Pontevedra.
Destinado a : Escolares tódolos ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria
Que faremos? Unha achega á contorna cunha metodoloxía activa baseada no autodescubrimento e a exploración. En cada excursión se realizaran paseos de exploración, obradoiros creativos, xogos e contacontos no Bosque
Duración: Medio día (só de mañá) ou de día completo.
Temáticas dispoñibles:
-
O Mundo das Aves
-
O Lobo
-
Animais e os seus Rastros
-
O Bosque
-
Bufos, Mouchos e Curuxas: Aves rapaces nocturnas
-
Ríos de vida
Onde?: Excursións só dispoñibles na Provincia de Pontevedra. Algúns lugares onde podemos realizar ditas excursións son: Parque Natural Monte Aloia, Lago Castiñeiras, Parques Forestais de Vigo, Carballeira dos Prados (A Lama), Área Recreativa Río Maceiras (Covelo), Desembocadura Río Miño, O Salnés, entre outras opcións.
Para saber máis dos lugares onde realizar as excursións, contáctanos! podemos adaptarnos e facer a excursión nun lugar próximo ao voso centro ou a un lugar que queirades.
UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA NO PARQUE FORESTAL DE SAIÁNS
PARA APRENDER, DISFRUTAR E DESCUBRIR O BOSQUE EN FAMILIA!
DESTINATARIOS: Familias
QUE OFRECEMOS:
-
Paseos ou Roteiros de descuberta do Bosque: As familias aprenderán acerca da fauna/flora típica do bosque autóctono e os usos e valores. Descubriremos aos animais, os rastros e sinais que deixan e como se relacionan entre eles, a flora que conforma un bosque e os diferentes usos. Interpretando o monte na súa totalidade. E iremos de visita ao Muiño para facelo funcionar.
-
Obradoiros:
-
Taller de elaboración de Moldes de Pegadas de animais en arxila
-
Taller de elaboración de Bufos con elementos naturais.
-
Construcción de Refuxios para Fauna: comedeiros / caixas-niño para aves.
-
-
Ademáis en Excursións de Día Completo podemos engadir as seguintes actividades :
+ Cocina en Forno de leña: cocina de bolos de pan / choripanes coa fariña do muiño.
+ Estacións de experimentación para sesión de xogo libre en Familia no bosque: Para disfrutar en Familia desta xornada no Bosque crearemos unha serie de estacións nas cales poderedes xogar e experimentar xuntos mentras a maxia do bosque nos envolve! Algunas das ESTACIÓNS:
- Exploración na charca de Anfibios
- Cocina de Bosque
- Bibliobosque
- Arte e Natureza
- Talleres de bricolaxe.
- Xogando con Pompas de xabón xigante
DURACIÓN: Medio día ou de día completo.
ONDE: Parque Forestal de Saiáns (Vigo).
INSTALACIÓNS: Local da comunidade de montes, Aula aberta e baños
PROGRAMACIÓN:
1- MEDIO DÍA:
- Acollida e Presentación
- Roteiro de exploración no Bosque
- Visita ao Muiño
- Descanso a media mañán para merenda
- Obradoiro
2- DÍA COMPLETO:
- Acollida e Presentación
- Roteiro de exploración no Bosque
- Visita ao Muiño
- Descanso a media mañán para merenda
- Obradoiro
- Xantar colectivo no merendeiro do parque forestal
- Estacións de experimentación e xogo en Familia
TARIFAS*:
-
XORNADA DE MEDIO DÍA (Só mañán ou só tarde)
-
Crianzas: 8 euros
-
Adultos: 3 euros
-
-
XORNADA DE DÍA COMPLETO (Mañán e tarde)
-
Crianzas: 15 euros
-
Adultos: 4 euros
-
* Menores de 3 anos asisten acompañando gratis.
* Colaboración coa Comunidade de Montes de Saiáns: Estas excursións están organizadas en colaboración coa CMVMC de Saiáns, de xeito que parte da tarifa vai destinada directamente a eles, coa finalidade de manter o estado de conservanción dos montes e mellorar os seus equipamentos de uso público.

OBXECTIVOS
-
Inculcar o amor e respeto pola Natureza.
-
Promover o descubrimento da contorna natural a través da experiencia.
-
Favorecer unha convivencia positiva entre familias.
-
Promover un xogo libre e respectuoso en familia
-
Estimular sen sobreestimular
-
Loitar contra o sedentarismo.
-
Promocionar actitudes e hábitos favorables hacia a conservación dos valores naturais.
-
Dar a coñecer os valores naturais de Galicia.
















