top of page
  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon
Portada Excursións escolares na natureza

Que Excursións na natureza ofrecemos para coles?

Excursións á Natureza con Centros educativos

Excursións dirixidas a escolares para coñecer e descubrir diferentes  espazos naturais da Provincia de Pontevedra.

Destinado a Escolares  tódolos ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria

Que faremos? Unha achega á contorna cunha metodoloxía activa baseada no autodescubrimento e a exploración. En cada excursión se realizaran paseos de exploración, obradoiros creativos, xogos e contacontos no Bosque

Duración: Medio día (só de mañá) ou de día completo.

Temáticas dispoñibles:

  • O Mundo das Aves

  • O Lobo 

  • Animais e os seus Rastros

  • O Bosque

  • Bufos, Mouchos e Curuxas: Aves rapaces nocturnas

  • ​Ríos de vida

Onde?:  Excursións só dispoñibles na Provincia de Pontevedra. Algúns lugares onde podemos realizar ditas excursións son: Parque Natural Monte Aloia, Lago Castiñeiras, Parques Forestais de Vigo, Carballeira dos Prados (A Lama), Área Recreativa Río Maceiras (Covelo), Desembocadura Río Miño, O Salnés, entre outras opcións.

Para saber máis dos lugares onde realizar as excursións, contáctanos! podemos adaptarnos e facer a excursión nun lugar próximo ao voso centro ou a un lugar que queirades.

1) Excursión no Parque Forestal de Saiáns (Vigo)

Unha Xornada de excursión nos Montes de Saiáns (Vigo) para aprender, disfrutar, descubrir e xogar no Monte!

 

CICLOS EDUCATIVOS:  Escolares de Infantil, Primaria, Secundaria e Anpas!

QUE OFRECEMOS EN CADA EXCURSIÓN?

  • Paseo de Aprendizaxe e Exploración no Bosque: Os rapaces aprenderán acerca da fauna/flora típica do bosque autóctono e os usos e valores. Descubriremos aos animais, os rastros e sinais que deixan e como se relacionan entre eles, a flora que conforma un bosque e os diferentes usos. Interpretando o monte na súa totalidade.

  • En Excursións de Día Completo inclúe Visita ao Muiño para muiñada.

  • Obradoiro:

    • Infantil + 1º Ciclo EP: Moldes  de Pegadas de animais en arxila // Bufos con elementos naturais // taller experimentación artístico entre outras opcións. / taller "saquiños de herbas aromáticas", entre outras opcións.

    • 2º e 3º Ciclo Primaria /Secundaria: Refuxios para Fauna: comedeiros  // caixas-niño para aves // taller de bricolaxe // taller experimentación artística // moldes de pegadas de animais // taller disección de egagrópilas // taller "saquiños de herbas aromáticas",  entre outras opcións.

  • Ademáis en Excursións de Día Completo (Ciclos de Infantil - Primaria)

+ Estacións de experimentación para sesión de xogo libre no bosque: exploración da charca, MudKitchen, bibliobosque, artnature, bricolaxe, pompas de xabón xigante, entre outras opcións adaptadas por ciclo de idade.

DURACIÓN: Medio día (só de mañán) ou de día completo (de mañán e de tarde)​

ONDE: Parque Forestal de Saiáns  (Vigo).

INSTALACIÓNS: Local da comunidade de montes, Cabaña de aula aberta e baños

Colaboración coa Comunidade de Montes de Saiáns: Estas excursións están organizadas en colaboración coa CMVMC de Saiáns, de xeito que parte da tarifa vai destinada directamente a eles, coa finalidade de manter o estado de conservanción dos montes e mellorar os seus equipamentos de uso público.

​​​​

2) Excursión "Animais e Rastros" 

Unha Xornada de excursión para explorar, aprender e descubrir aos animais do Bosque e os rastros que nos deixan á vez que disfrutamos da Natureza

 

CICLOS EDUCATIVOS:  Escolares dos Ciclos: Infantil, Primaria, Secundaria e Anpas

QUE OFRECEMOS:

  • Paseo de Aprendizaxe e Exploración na Natureza: Realizaremos un roteiro de exploración na que aprenderemos dos animais máis  típicos dos nosos montes e iremos descubrindo no Bosque diferentes e variados rastros e indicios da súa presencia.  O Roteiro está complementado con  moito material propio: Plumario, cráneos variados, etc. E adaptado en dificultade a cada ciclo educativo.

  • Obradoiro:

    • Tódolos Ciclos: Taller de Elaboración  de Moldes  de Pegadas de animais en arxila

DURACIÓN: Medio día (3 h / 3 h e media) 

ONDE: No Parque Forestal de Saiáns (Vigo) ou en outros numerosos espazos naturais da Provincia de Pontevedra. Podemos buscar un lugar natural cerca do voso centro educativo e que se adapte á actividade.

​​

3) Excursión "As Aves" 

Unha Xornada de excursión para explorar, aprender, observar e descubrir o fascinante mundo das Aves : como son, como viven, como e onde observalas, porque migran, etc.

 

CICLOS EDUCATIVOS:  Escolares dos Ciclos de Primaria, Secundaria e Anpas

QUE OFRECEMOS:

  • Paseo de Observación Ornitolóxica: Realizaremos un roteiro de exploración na que nos iremos introduciendo no fascinante mundo das aves. Con Ciclos de Primaria-Secundaria e Anpas realizaremos observación e identificación de especies con material óptico: telescopios / prismáticos. O Roteiro está complementado con  moito material propio: Plumario, cráneos variados, etc. 

  • Obradoiro:

    • Taller de elaboración de Comedeiros ou Caixas-niño para aves 

DURACIÓN: Medio día (3-4 horas) 

ONDE: En numerosos espazos naturais da Provincia de Pontevedra. Xunqueira do Alba (Pontevedra), A Ramallosa (Nigrán), Salinas do Ulló (Vilaboa), entre outros. Podemos buscar un lugar natural cerca do voso centro educativo e que se adapte á actividade!

​​

4) Excursión Herbas Mediciñais

Unha Xornada de excursión para explorar, aprender, observar e descubrir o fascinante mundo da Flora Silvestres e os seus usos e utilidades medicinas, culinarias e aromáticas.

 

CICLOS EDUCATIVOS:  Escolares dos Ciclos de Infantil, Primaria, Secundaria e Anpas

QUE OFRECEMOS:

  • Paseo de Recolección e Identificación: Realizaremos un paseiño de exploración para recolectar e identificar especies, aprender delas mirando, tocando e hulindo. O Roteiro está complementado con material: Herbario, guías e fichas.

  • Obradoiro:

    • Taller "Bombas de Sementes" de Herbas aromáticas

    • Taller "Saquiños aromáticos"

    • Taller "Cultivo de aromáticas e culinarias"

DURACIÓN: Medio día (3-4 horas) 

ONDE: En numerosos espazos naturais da Provincia de Pontevedra. Tamén odemos buscar un lugar natural cerca do voso centro educativo e que se adapte á actividade. Consúltanos as opcións!

0894B257-E638-4964-BF7F-99B450010F32.png

OBXECTIVOS

  • Inculcar o amor e respeto por la Natureza.

  • Promover o descubrimento da contorna natural.

  • Loitar contra o sedentarismo.

  • Promocionar actitudes e hábitos favorables hacia a conservación dos valores naturais.

  • Favorecer a aprendizaxe a través da experiencia.

  • Dar a coñecer os valores naturais de Galicia.

¿Queres saber máis sobre as nosas Actividades?
Deixa os teus datos e vos contactaremos!

¿Quen eres? Obligatorio
bottom of page