top of page
  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon

Roteiros Bosquinenos

Natureza Salvaxe para Familias

¿Que facemos nos Roteiros Bosquinenos?

Cada día unha nova aventura e en cada aventura un tema diferente: Lobos, Paxariños do Bosque, herbas mediciñais, flora silvestre, os raposos, o teixugo, bufos e mouchos, etc.

Que actividades inclúe cada roteiro:

Un paseo de exploración en familia + obradoiro + conto

Quen poder participar?

A familia ao completo. Polas características da senda ou do espazo a veces poñemos algunha restricción de idade, pero normalmente están dirixidas a nenos e nenas a partir dos 2 anos máis as súas familias.

Onde se realizan?

Cada actividade trascurre por un espazo natural diferente, pero soemos movernos polas comarcas de Vigo, Val Miñor, Morrazo e Pontevedra.

Canto custan?

Familias de 2 Membros (1 adulto + 1 crianza): 6 euros/participante

Familias de 3 ou máis Membros (varios adultos + crianzas): 5 euros/participante

 

UN RESUMO DUN ROTEIRO BOSQUINENOS?

Aprender a seguir rastros de animais.

Disfrutar da natureza, do canto dos paxaros e do cheiro do bosque.

Facer un bonito obradoiro creativo rodeados de bosque.

Descubrir o bosque en toda a súa complexidade.

Disfrutar dun fermoso conto  baixo as árbores.

En definitiva, pasar un fermoso día EN FAMILIA disfrutando e aprendendo no Bosque !

Bosquinenos.jpg
Bosquinenos.jpg

Aprender en Familia a amar o Bosque e aos animais

En Bosquinenos facemos que cada encontro no bosque sexa moi especial.

 Coidando cada detalle, propiciamos a aprendizaxe a través da experiencia.

O noso obxectivo é ensinar acerca do Monte e tódolos seus animais e  sementar en cada Familia o amor e respeto pola Natureza.

Para que esa semente medre en forma doutro xeito de ver e coidar da contorna.

ÚNETE á nosa TRIBU

Arrendajo

¿Queredes descubrir o bosque con nós?

Apuntádevos ao seguinte Encontro!

bottom of page