top of page
  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon

¿Que facemos nas Sesións de Tribu?

Nos Sesións de sábado da "Tribu Bosquinenos"  levamos a cabo un programa de inmersión na Natureza.

Buscamos ofrecer ás crianzas un espazo de aprendizaxe, disfrute, respeto, amizade, aventuras e diversión no Bosque que se leve a cabo ao longo do ano.

Un lugar onde desenvolver unha educación ambiental  baseada na metodoloxía Bosquescola de estilo inglés, na cal prima o acompañamento respectuoso, o autodescubrimento e a aprendizaxe a través da experiencia.

As nosas Educadoras, expertas en educación infantil, educación social, forestais, bushcraft e rastrexo de fauna, acompañarán aos pequechos na aventura diaria de descubrir a verdadeira natureza, aos seus habitantes explorando na procura de rastros e sinais, aprender vellos oficios, coma a carpintería ou costura, que iremos aplicando en traballo en equipo para construir diversas estructuras de xogos, ou proxectos que vaiamos poñendo en común, creación e coidado dun bosque comestible, cociña campestre, costura, bushcraft, supervivencia, e vivir unha e mil aventuras que nos xurdan ao estar en plena Natureza!!

ed897507-f13d-40c5-b999-a323ce96989e.jpg

Información

Grupo Xogo Natureza Tribu Bosquinenos

ONDE

Lugar: Merendeiro do Parque Forestal de Saiáns (Vigo).

​

Temos como refuxio a Cabaña de madeira ou o Local da comunidade de montes, ubicados en pleno merendeiro do parque forestal.

Excursións escolares na Natureza _

CANDO

ACTIVIDADES DE OUTUBRO A XUÑO

​​​

  • Sesións de Fin de Semana: Sábados (según Calendario​)

Consulta o calendario de sesións anual AQUI

Pódese contratar:

​

Pódese participar:

  • Regularmente 1 ou 2 sábados  ao mes

  • De maneira puntual un ou varios día/s soltos

​

Horario De 11:00 a 13:45 h

Gaio.jpg

PARA QUEN

Actividades dirixidas a Nenas e nenos moi Silvestres

 

IDADES: De 4 a 12 Anos.

​

EQUIPAMENTO NECESARIO: Cada crianza deberá acudir con equipamiento acorde ao tempo meteorolóxico imperante:

​

  • Botas de auga / calzado impermeable

  • Pantalón/peto e cazadora impermeable

  • Mochila con merenda e cantimplora

tribu.jpg

QUE FACEMOS

Tódalas actividades se realizan ao aire libre, no Bosque, salvo condicións meteorolóxicas moi desfavorables, nas que empregaremos a Aula aberta de madeira.

​

No Bosque realizaremos un acompañamento respectuoso das crianzas, propiciando a exploración - investigación e descuberta da Natureza

8.png

PREZOS

BONOS POR SESIÓNS 

1 Crianza:

  • 1 Sesión: 18 euros

  • ​​​​3 Sesións: 36 euros

  • 5 Sesións: 55 euros

2 Crianzas:

  • 1 Sesión: 24 euros

  • ​​​​3 Sesións: 72 euros

  • 5 Sesións: 120 euros

​A Consultar! Tarifas especiais para Socios/Comuneiros.

cerrar-manos-recogiendo-castanas-2.jpg

INSCRIBIRSE

Para Participar é necesario

INSCRIBIRSE  cubrindo o Formulario*

(ao final desta mesma páxina)

* Só necesario na 1º inscripción

​

O PAGO da actividade pódese realizar:

  • En metálico o día da actividade.

  • Por transferencia bancaria:

Beneficiario: Asociación Alados Medioambiente

IBAN:  ES1120805010373040019918 (Abanca)

Concepto: Nome Neno/a

  • Mercando unha ou varias sesións por adiantado un BONO de sesións. Podedes mercar os Bonos AQUÍ

Cales son os nosos Obxectivos

Detrás do Proxecto dos Bosquinenos hai un Soño e unha filosofía....

Sacar aos nenos e nenas das casas e abrirlles as portas ao mundo vivo que lles rodea

Liberalos da rutina e do estrés

Loitar contra o sedentarismo e promover o libre movemento e autoconfianza

Ofrecerlles o marco para conectar emocionalmente coa súa contorna

Fomentar o desenvolvemento da imaxinación, autonomía e creatividade

Favorecer a sensibilidade a través da experiencia

Educalos no amor, coñecemento e respeto pola natureza

Estimular sen sobreestimular

Promover a motivación e curiosidade polo aprendizaxe, o compañerismo e  traballo en equipo

Crear un espazo ao aire libre onde eles e elas poidan crear, ser, facer, expresar, sentir, imaxinar, construir, investigar, disfrutar, liberar, emocionar, lograr, conseguir, motivar, explorar, experimentar e sobre todo xogar e divertirse libremente!!

​

Bosquinenos.jpg
IMG_1335.jpg

E que pasa si chove?

Tódalas Actividades que levamos a cabo son realizadas ao aire libre en plena Natureza, no bosque que nos acolle, o cal nos ofrece un marco incomparable de xogos e aventuras.

Pero si as condicións atmosféricas son moi desfavorables ou para momentos puntuais, contamos co uso do Local e Cabaña de madeira da comunidade de montes de Saiáns, ubicados en pleno merendeiro do parque forestal, que nos servirán de refuxio e aula.

​

2.png

Formulario Inscrición

Escolle a Opción de Inscrición que preferides Obligatorio
Subir arquivo
Subir archivo compatible (máximo 15 MB)

Grazas por inscribirte na nosa Tribu!

Arrendajo

Vos agardamos no noso bosque máxico!

bottom of page