Rastros de Animais
dom, 21 may
|Senda do Rego da Fraga (Moaña)
Bosquinenos: Descubrindo a Natureza en Familia APTO + 3 Anos
Horario e ubicación
21 may 2023, 10:30 – 13:30
Senda do Rego da Fraga (Moaña), Rego Da, 36955 A Fraga, Pontevedra, España
Acerca do evento
DESCRICIÓN ACTIVIDADE:
APRENDENDO A RASTREXAR O BOSQUE
O Bosque está cheo de vida! Teixugos, raposos, xabarins, xinetas, garduñas, doniñas, esquíos, petos, Corzos, ourizos...todos eles viven preto de nós. Pero a maioría das veces non nos percatamos da súa presencia, nin os vemos, nin sabemos que están, xa que a maioría deles nos teñen medo e prefiren saír de noite.
Pero, qué indicios podemos atopar que nos desvelen a súa presencia? Acompañádenos nesta nova aventura no Bosque na que aprenderemos acerca de rastros , pegadas e sinais de todos os animais.
ACTIVIDADES
- Paseiño de exploración en Familia, seguemento de rastros e aprendizaxe
- Obradoiro : Caderno de campo
- Conto no Bosque
- Merenda* campestre a media mañán (*Non incluída )
APTO + 3 ANOS
CANDO:
- Tanda 1: Domingo 21 de Maio (10,30 a 13,30 h)
- Tanda 2: Domingo 28 de Maio (10,30 a 13,30 h)
LUGAR: Senda do Rego da Fraga (Moaña)
PREZOS:
Tarifa Normal:
- Adulto: 6 euros
- Nen@: 12 euros
Desconto 15% Familias (a partir de 2 Nen@s e 1 adulto): Introduce o Código de CUPÓN "FAMILIA" no proceso de pago e disfruta do teu desconto.
Tarifas con Dto Familia:
- Nen@s: 10,20 euros
- Adultos: 5,10 euros
Tódalas Tarifas Inclúen: educadores ambientais + material actividades + seguro
Entradas
Entrada
A Tarifa inclúe: Educadora artística + material + seguro Dto 15% Familias (a partir de 2 nen@ e 1 adulto): Introduce o código de Cupón "FAMILIA" no proceso de pago para aplicar o desconto
De 6,00 € a 12,00 €Venta finalizada- 6,00 €
- 12,00 €
Total
0,00 €