top of page

dom, 04 feb

|

Senda do Río Mero, Cecebre

Paxariños de Bosque no Río Mero (Cecebre)

Bosquinenos: Descubrindo a Natureza en Familia APTO + 2 Anos

Entradas Agotadas
Ver outros eventos
Paxariños de Bosque no Río Mero (Cecebre)
Paxariños de Bosque no Río Mero (Cecebre)

Horario e ubicación

04 feb 2024, 10:30 – 13:30

Senda do Río Mero, Cecebre, Lugar Peiraio, 47, 15659, A Coruña, España

Acerca do evento

BOSQUINENOS "Paxariños de Bosque"

O Bosque está cheo de Paxariños silvestres......ferreiriños, tordos, paporrubios, pimpíns, cardeais, gabeadores, estreliñas....

Todos eles son pequenas boliñas de plumas, que cantan alegres e nerviosos saltando de árbore e árbore.

Todos eles viven preto de nós. Pero a maioría das veces non nos percatamos da súa presencia, nin coñecemos nada de quenes son, nin que comen ou como é a súa vida.

Acompañádenos nesta nova aventura no Bosque na que aprenderemos acerca das diferentes especies que habitan no Bosque , os seus alegres cantos, as súas plumas e  de como viven estes pequenos  e alegres habitantes dos nosos Bosques.

Ademáis, escoitaremos un fermoso Conto baixo as árbores

E elaboraremos Comedeiros para Aves que poderedes levar para a casa!

QUÉ FAREMOS?

- Paseiño de Aprendizaxe en Familia

- Merenda* campestre

- Conto no Bosque

- Obradoiro "Elaboración Comedeiros para Aves"

Actividade Familiar. Apta nenxs de 2 - 12 anos

Os menores de 2 anos poden asistir de balde acompañando

É obrigatorio o acompañamento dun adulto como mínimo para as crianzas.

ONDE: SENDA DO RÍO MERO (CECEBRE)

DATAS:

- Tanda 1: Domingo 4 de Febreiro (Horario: 10.30 - 13.30h)

- Tanda 2: Domingo 18 de Febreiro (Horario: 10.30 - 13.30h)

PREZOS:

TARIFA NORMAL (2 persoas inscritas)

Adulto: 6 euros

Nen@: 12 euros

TARIFA FAMILIAR (3 ou máis persoas inscritas)

Adulto: 4 euros

Nen@: 10 euros

Inclúe: educadores ambientais + material actividades + seguro

* A Tarifa non inclúe a merenda

Entradas

  • Tarifa Normal

    Tarifa Normal: aplicable para a inscrición de 2 participantes ou menos. O prezo inclúe: educadores ambientais + material actividades + seguro

    De 6,00 € a 12,00 €
    Venta finalizada
    • 6,00 €
    • 12,00 €
    • Tarifa Familiar

      Tarifa Familiar: aplicable para a inscrición de 3 participantes ou máis. O prezo inclúe: educadores ambientais + material actividades + seguro

      De 4,00 € a 10,00 €
      Venta finalizada
      • 4,00 €
      • 10,00 €

      Total

      0,00 €

      Compartir este evento

      bottom of page