



PASEIÑO ORNITOLÓXICO
Aprender, camiñar, observar e disfrutar da Natureza
O Sábado 28/10 tendes a oportunidade de iniciarvos no fascinante mundo da ornitoloxía cun Paseiño guiado por unha das mellores zonas de Galicia para observar aves: O Complexo Intermareal Umia-O Grove, no Salnés (Pontevedra).
COÑECER PARA AMAR E RESPECTAR
Mentres facemos un percorrido camiñando por este espectacular entorno natural aprenderemos cómo adentrarnos no mundo da ornitoloxía: identificar especies, datos curiosos dalgunhas delas, a migración das aves, etc.
¡ANÍMATE E PARTICIPA!
Dificultade baixa.
Roteiro lineal
HORARIO: 10.30 - 12.30 h
Apto tódolos públicos
Nen@s a partir de 7 anos
LUGAR DE QUEDADA. Área Recreativa Os Pasales, Meaño
TARIFAS:
Adultos: 10 euros
Menores: 4 euros
A TARIFA INCLÚE:
Guía de Natureza + Material didáctico e de observación + seguro
Para participar é necesario inscribirse previamente na nosa web no seguinte enlace: