Alados Medioambiente
Educando en el amor y respeto por la Naturaleza
Campamento Bosquinenos
Primavera 2024
CENTRO CULTURAL DO LÉREZ
- Pontevedra -
Información do Campamento:
Datas e Horarios
25, 26 e 27 Marzo
Opción Día Solto
Horario: 9 a 14 h
+ Opción CONCILIA
(Entrada 8.30 / Saída 15.00 h)
A Comida para @s nen@s de horario concilia de mediodía deberán achegala eles/as de tupper da casa.
Destinatarios
Apto para Nen@s dos 5 a 12 anos.
Grupos reducidos
Lugar e Instalacións
Tódalas actividades se realizan ao aire libre, nas inmediacións da Xunqueira do Alba, Senda do Río Lérez, entre outros, salvo condicións meteorolóxicas desfavorables.
Temos cedido o uso dun AULA MULTIUSOS no Centro Cultural do Lérez (Rúa Leandro del Río Carnota, 12 )
A 5 MIN DO CENTRO DE PONTEVEDRA!
Esta Aula nos servirá de refuxio nos días de chuvia e como lugar de acollida/despedida diaria aos participantes.
Actividades
Cada día de Campamento, tras acollervos no Centro Cultural, iremos de excóursin a explorar e xogar na natureza, na cal desenvolveremos a maioría de actividades:
-
Paseos de exploración e seguemento de rastros de Animais, observación de aves, exploración do río, etc.
-
Talleres ArtNature e Obradoiros
-
Xogo libre e Bibliobosque
-
Voluntariado
-
Dinámicas e xogos dirixidos
Prezos
-
Prezo Socios: 40 euros
-
Prezo Non Socios: 50 euros
-
Día solto: 22 euros
- Desconto de 5 %
segund@ fill@ (desconto aplicable sobre segunda tarifa)
+ Extras Horario Concilia:
-
+ 2 euros/semana Entrada 8.30 h
-
+ 3 euros/semana Saída 15 h
A Tarifa inclúe: Educadoras + material actividades + seguro
Inscricións e cancelación
Inscrición cubrindo o Formulario, unha vez vos confirmemos a dispoñibilidade de prazas deberedes realizar o pago do anticipo por reserva da praza de 20 euros vía transferencia bancaria.
Para cancelación e reembolso íntegro da Reserva é preciso notificar a baixa con 7 días de antelación, respecto da data de inicio. En caso de notificalo con menor marxe se retendrá a tarifa do anticipo.