Cadernos de Campo I: O Invernadoiro

July 24, 2017

 

O Invernadoiro constitúe hoxe en día o Parque Natural máis descoñecido de toda Galicia.

 

Situado no Concello de Vilariño de Conso (Ourense) a Serra do Invernadoiro  forma parte do Macizo Ourensá, no cal atopamos penedos, fragas e urceiras, testemuñas mudas da loita pola supervivencia nesa terra dura, de tórrido sol no verán e frío implacable durante o inverno.

 

Terra afastada de calqueira pobo ou aldea, supón un dos bastións máis importantes para a vida salvaxe en Galicia.

 

 

 

Esta fortaleza natural, rodeada polas serras de San Mamede, Queixa e Fíal das Corzas, acolle diferentes hábitas e especies de interese.

 

De fauna podemos atopar a cadena trófica ó completo, co Lobo como gran depredador presidindo na cúspide da pirámide.

 

Nos cumíos e zonas máis altas dos montes atópanse as cabras montesas e rebecos, especies bastante escasas en Galicia.

 

Segundo descendemos en altitude, nos faldóns das montañas, un mar de urces sirve de refuxio para os corzos, xabaríns, cervos e lobos. 

 

 E xa no fondo das valgadas, entre as fragas e as paredes de rocha, aínda pode escoitarse o canto do bufo real nas frías noites de Inverno.

Toda esta vida baixo a vixiancia dende as alturas, da tartaraña, a cobreira ou lagarteiros, aves rapaces que sobre todo abondan no verán, tras completar a súa viaxe dende África.

 

 

Pero non todo o que se percibe no Invernadoiro é vida salvaxe, no fondo das valgadas atópanse muros, xa mimetizados co bosque, construídos polos pastores que habitaron esta serra.

 

Se as pedras destes antigos muros falaran, contaríannos historias empapadas en sangue e bágoas, relatos da xente que a mediados do século XX, baixo condicións extremas, viviu na serra traballando a reo, arrincando as raíces das urces para a obtención do carbón e máis tarde plantando e cortando piñeiros para a industria papeleira.

 

Os antigos barracóns dos traballadores e as grandes extensións de piñeiro silvestre que perduran na zona son os resquicios que nos quedan daquela época.

 

Na actualidade afortunadamente ningunha persoa sufre o azote que sufriron aqueles traballadores da serra  para gañarse o pan.

 

Pero sí o propio Invernadoiro e o Macizo Central que cada día sufre o latigazo do éxodo dende o rural. 

Este éxodo, que valeira de persoas o rural ¿é beneficioso para a conservación?

Cuestión moi difícil de abordar.

Maila todo, os coros dos lobos nas noites de Verán, os berros dos cervos, o planeo da aguía real e a luz de todos eses olliños que vixiantes dende a espesura do bosque é algo que nunca xamais debería apagarse.

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

PROYECTO BOSQUESCOLA Parte II: ¡450 árboles sembrados en 2017!

December 21, 2017

1/7
Please reload

Entradas recientes