Os Bosquinenos: Grupo de xogo e aprendizaxe activa na natureza

 

Hoxe queremos anunciarvos a tódalas nais e pais de Vigo e Pontevedra que en Setembro comezaremos un novo proxecto moi moi especial para nós:

OS BOSQUINENOS!! Un Grupo de xogo e aprendizaxe activa na Natureza.

 

Este proxecto é o resultado de anos de búsqueda en pedagoxías alternativas. E é  froito da nosa convición como educadores de que son necesarios cambios fundamentais nas nosas sociedades modernas, na educación e crianza dos nosos pequenos que axuden a crear sociedades máis respectuosas, libres, sustentables e felices.

 

Hoxe en día, os nosos cativ@s pasan a maioría das horas entre paredes en ambientes inertes (na casa, o colexio, as actividades extraescolares, volta para a casa...) lonxe do aire libre e a natureza. Esta situación provoca ansiedade, déficit de atención e hiperactividade, estrés e obesidade, entre outros. Tanto en nenos coma en adultos.

É  que soemos ter o estilo de vida dun ladrillo...sen movernos, sen explorar, sen respirar aire puro, en entornos cheos de ruído, cemento e que non axudan ó libre movemento dos nen@s.

O trastorno por déficit de natureza (término acuñado polo periodista norteamericano Richard Louv, autor do libro "O último neno dos bosques") é consecuencia do estilo de vida actual no que estamos e crecemos desconectados da natureza. 

Resulta bastante chamativo e preocupante que a maioría da xente aprenda máis de natureza por un documental de David Attenborough que por un paseo polo bosque. E que os nenos galegos, por exemplo,  saiban máis de fauna africana que de animais ou plantas que poden atopar ó lado da súa casa. Todo isto fainos afianzar a idea de que vivimos completamente desconectados do mundo real que nos rodea. Non fai falta facer unha viaxe ó máis profundo da natureza salvaxe para sentir esa conexión. Basta con saír un poco ó aire libre ós entornos naturais máis cercanos...respirar aire puro, tumbarse no campo a mirar as copas das árbores....

 

E isto é precisamentre o que queremos facer con este Grupo dos Bosquinenos!!!

Queremos ofrecer unha actividade de ocio educativo alternativa a todo o resto de actividades que os nen@s teñen ó longo do seu día a día. Ofrecemos unha vía de escape e reconexión co noso ser animal e biolóxico. Para que que os nen@s se sintan libres de explorar, descubrir e xogar ó aire libre. Crecendo así máis libre e felices.

Nós, como educadores ambientais, mostraremos ós nenos todo o noso coñecemento sobre a animais, plantas, ecosistemas, etc. á vez que lles transmitimos o noso amor pola natureza e o aire libre. Porque só a través do coñecemento e as emocións podemos conectar co noso entorno.

 

Temos dúas Tribus bosquinenos, unha en Vigo e outra en Pontevedra. Sairemos dous sábados de cada mes por cada tribu, a explorar e xogar en entornos naturais das dúas cidades, como parques forestais, praias e demáis.

¿Qué actividades faremos? Cada día será único e diferente, pero en xeral faremos todo tipo de actividades de exploración, autodescubrimento e xogo ó aire libre, en actividades fundamentadas nas pedagoxías alternativas de MontessoriReggio Emilia e as Escolas Bosque.

Por exemplo faremos Gymkanas de exploración da contorna, observación de aves, rastrexamento de sinais de animais...Ademáis de diferentes obradoiros ó aire libre: construción de caiñas-niño para aves, actividades creativas e artísticas na natureza como Land Art, fotografía, etc.

Temos que resaltar tamén que o noso obxectivo como educadores é ofrecer una actividade desestresante e non sobreestimulante ós rapaces. Polo que cada saída dos bosquinenos engadiremos tamén unha pequena sesión de Yoga para nen@s ó aire libre.

 

Estade atentos a finais de Agosto cando sacaremos máis info sobre este grupo!!

 E se queredes máis info entrade na nosa paxina: 

https://www.alados.es/bosquinenos

 

Pasade un bo verán cativada!

EN SETEMBRO COMEZAMOS CON MÁIS POWERR QUE NUNCA

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

PROYECTO BOSQUESCOLA Parte II: ¡450 árboles sembrados en 2017!

December 21, 2017

1/7
Please reload

Entradas recientes