Egagrópilas...porqué son interesantes?

June 25, 2017

 

 Estes días estamos facendo un traballo de chiinos na asociación!

Estamos analizando e clasificando multitude de egagrópilas de diversas especies que tiñamos recollidas de diversas zonas.

 

As egagrópilas son bolas expulsadas polas aves. Unha regurxitación dos restos non dixeridos da súa dieta. O seu contido varía dependendo da especie, da dieta, pero en xeral conteñen tódolos restos non comestibles e non aproveitables que inxire a ave coa súa dieta como plumas, ósos, pelos, exoesqueletos de insectos, e demais.

A nivel científico son moi importantes porque grazas ó seu análisis e estudo podemos recabar un importante continxente de datos referidos por exemplo á dieta da ave, a variación da dieta ó longo do ano (analizando os cambios no contido da egagrópila) e datos sobre as poboacións de especies (ratos, ratóns, ustélidos, insectos, etc) na zona onde se atopou. Por iso, maila que é un chollazo analizalas, podemos recabar moitísimos datos dunha zona e das súas especies.

O dito, tremendo traballo o de analizar cada unha e clasificar os diferentes ósos e restos atopados! pero sempre un traballo grato ó final :)

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

PROYECTO BOSQUESCOLA Parte II: ¡450 árboles sembrados en 2017!

December 21, 2017

1/7
Please reload

Entradas recientes

June 16, 2017