Cabalo galego de monte

June 25, 2017

 

As greas, mandas de cabalo galego que poblan os nosos montes.

Xa o historiador romano Plinio O Vello mencionabaos nas súas escrituras pola súa forza e resistencia á intemperie. Dende tempos inmemoriais viviron nas serras galegas como cabalos salvaxes que o home foi empregando como un aproveitamento máis do monte chegando a un punto de semidomesticación. Co paso do tempo fóronse introducindo razas foráneas co fin de conseguir un maior rendemento, sobre todo cárnico. Chegando ao punto de alterar fortemente a xenética da raza e consecuentemente a súa merma de habilidades e adaptación ao medio, dende fuxir do lobo, un depredador ligado ao cabalo na nosa terra, ata resistir as nevaradas do inverno.  
Hoxe en día, unha das mellores xenéticas conservadas de cabalo galego atópase na Serra da Groba. Así, entre o mar e a montaña, as greas atópanse nun momento delicado con respecto á súa conservación, as disputas entre propietarios, os accidentes nas redes viarias ou os danos nos cultivos sen ninguén a quen llos reclamar van poñendo en xaque a estes animais. Por iso é importante unha iniciativa de cara a unha boa conservación.

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

PROYECTO BOSQUESCOLA Parte II: ¡450 árboles sembrados en 2017!

December 21, 2017

1/7
Please reload

Entradas recientes