Bebés + Natureza

June 16, 2017

🐞🐞Bebés&Natureza🐞🐞 

Porqué levar os bebés á Natureza?

Como pais acostumamos a crer que os bebés aínda non están preparados para ir explorar o mundo e a natureza. Parecen tan fráxiles.....

Pero moi ó contrario, véndoos descubrir e disfrutar do aire libre e da natureza dámonos conta da enorme sensibilidade e inmensa capacidade de atención e observación que teñen ó aire libre. Porque os nenos na etapa 0-3 anos están cheos da necesidade de sentir e experimentar a través dos sentidos. E a Natureza é un marco incomparable para facelo, pola infinidade de formas, tamaños, cheiros, texturas e sons que se poden atopar.

Dándolles a oportunidade de sentir e experimentar...sentir a natureza, sentir a luz e os diversos sons, a auga, a herba...estamos dándolles a oportunidade de soñar e conectar co mundo a través dos seus propios sentidos e emocións.🐝🐌🐞 

 

 

Si tes un neno entre 0-3 anos e queres saír a experimentar da natureza en familia e entre amigos ÚNETE Á NOSA TRIBU DOS PEQUERROTEIROS !!

Saímos a explorar a natureza unha vez ó mes. +info: www.alados.es/pequerroteiros

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

PROYECTO BOSQUESCOLA Parte II: ¡450 árboles sembrados en 2017!

December 21, 2017

1/7
Please reload

Entradas recientes