Fototrampeo: Xeneta

December 7, 2016

A xeneta (Genetta genetta) é o único representante da familia dos vivérridos que podemos atopar en Europa. A súa presencia no noso Continente é bastante recente e está reducida á Península ibérica, arquipélago balear e a metade sur de Francia. A súa orixe sitúase no continente africano. E a súa presencia en Europa aínda é un misterio. Non se sabe a ciencia certa se chegaron cos Romanos ou na invasión musulmana do século VIII. O que sí está claro é que este pequeno depredador é tan escorregadizo coma esquivo, sendo un dos máis dificiles de observar da nosa fauna. O máis frecuente é toparse inseperadamente con eles nas estradas, cando corren velozmente a refuxiarse da luz dos faros do coche ou cando lamentablemente aparecen atropeladas nunha cuneta. A facilidade coa que se adaptan a diferentes ambientes naturais, xunto coa diversidade de presas que depreda, fan desta especie unha gran colonizadora, que actualmente se atopa en expansión cara o Norte europeo. 

 

Aquí unha das últimas imáxenes que capturamos dun exemplar nas nosas cámaras de fototrampeo colocadas en diversos puntos da dorsal galega.

 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

PROYECTO BOSQUESCOLA Parte II: ¡450 árboles sembrados en 2017!

December 21, 2017

1/7
Please reload

Entradas recientes