Día Mundial das Aves 2017

September 22, 2016

 

Este próximo domingo día 2 de outubro celebraremos en familia o DÍA MUNDIAL DAS AVES 2017!

Durante a mañán, cargados de material óptico como telescopios e prismáticos, faremos un percorrido guiado por Punta Carreirón, na Illa de Arousa (Pontevedra). Alí observaremos aves como: garzas, mazaricos, gavitas e moitos máis paxariños! E aprenderemos sobre a migración das aves, porqué migran, de onde veñen e a onde van, como son as principais especies de  limícolas da zona, de que se alimentan e moitísimas máis cousas interesantes!!

E para rematar faremos un Obradoiro de reciclaxe no que construiremos un comedeiro de aves con materiais de refugallo no que colocaremos alimento para aves comúns de xardín.

Actividade apta para nenos de +6 anos!

Non volo perdades!!!!

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

PROYECTO BOSQUESCOLA Parte II: ¡450 árboles sembrados en 2017!

December 21, 2017

1/7
Please reload

Entradas recientes