PEQUERROTEIROS
Sendeirismo para familias con bebés e nenos pequeniños

Nós, como pais e nais preocupados pola crianza dos nosos fill@s, cremos que hai unha completa carencia de actividades especialmente pensadas para familias con nen@s entre 0 - 3 anos.
Por iso formamos este clube.
Co que organizamos encontros familiares e andainas nas que poderedes ofrecer aos vosos miúdos o seu primeiro contacto coa Natureza.
Para que, ao aire libre e da vosa man, desenvolvan a curiosidade, descobran, experimenten, sintan e crezan...nun ambiente relaxado e non sobreestimulante.
EN QUE CONSISTEN AS ACTIVIDADES:
Paseiños familiares en diferentes espazos naturais das bisbarra de Vigo e Pontevedra que incluirán actividades aptas para disfrutar toda a familia do descubrimento da natureza. Saímos ó campo a familia enteira, incluídos os recen nados, para facer unha pequena andaina, para disfrutar e explorar xuntos na natureza, descubrir a contorna e a compartir experiencias sensorias a través da Natureza; a luz, os cheiros, as diferentes texturas, e o sonido. Cada día será único, xa que ademáis do paseo faremos actividades complementarias Aptas para tod@s:
- Hipopresivos postparto para as mamis.
- Obradoiros de sensoriais na natureza para os nenxs e bebés.
- Exploración da Natureza en familia: observación de de aves e flora.
- Taller de relaxación e masaxes de bebés ó aire libre. etc.
COMO: No campo movémonos como unha tribu, os de 2 e 3 van da maniña e os máis pequenos no carriño ou portabebés. Algunhas das andainas serán aptas para carriño, outras serán só para o portabebés.
ONDE: En diferentes Parques Forestais e entornos naturais das bisbarras de Vigo e Pontevedra. Cada día será único porque se levará a cabo nun entorno diferente.
CANDO: Faremos 1 andaina ao mes en horario de mañán. Estade atentos ó apartado NOVAS para saber das próximas datas.
CANTO: TARIFA NON SOCIOS: Adultos 12 euros/persoa. TARIFA SOCIOS Adultos 8 euros/persoa. Menores de 12 anos gratis.
TARIFA INCLÚE: Educadores ambientais e demáis persoal cualificado dependendo da actividade a facer, material para a actividade complementaria, almorzo (froita ecolóxica, galletas/barrita enerxética ou similar e bebida), Seguro RC e coche escoba de acompañamento no roteiro para andainas lineais.


Porqué
LEVAR O TEU BEBÉ Á NATUREZA
Nos primeiros anos de vida as principais necesidades nos nenos son de tipo motor e sensorial. Precisan experiencias que involucren os sentidos, o tacto, a vista, o oído e o gusto. E que ademáis integren o movemento e o equilibrio.
Nestes anos están cheos da necesidade de experimentar e sentir.
E a Natureza, coa infinidade de formas, tamaños, cheiros e texturas, ofrece un marco incomparable onde poder experimentar, sentir e estimular a curiosidade.
Ao aire libre, ambiente cambiante pero non sobreestimulante, os nenos se mostran máis atentos, curiosos e con maior capacidade de observación.
Agora, co incremento do tempo que os nenos pasan en espazos interiores e o auxe das novas tecnoloxías, precisamos ofrecerlles experiencias reais, onde poidan experimentar, explorar, sentir e crecer en ambientes tranquilos onde relacionarse e descubrir o mundo.