Excursións na Natureza

Excursións a numerosos espazos naturais de Galicia nos que faremos diferentes actividades: Itinerarios guiados para observación e aprendizaxe de fauna e flora, obradoiros ou xogos e actividades artísticas ó aire libre.

Educación Ambiental nos Coles

Para ensinar de natureza e medio ambiente nas aulas temos multitude de opcións adaptadas segundo grupo de idade, dende infantil ata secundaria: Charlas, coloquios, obradoiros e contacontos.

Contáctanos para ir ó teu cole!

 

Mini

campamentos ambientais

Minicampamentos a diversos lugares naturais de Galicia onde realizaremos diferentes obradoiros de educación ambiental (observación de fauna e flora, etc), practicaremos diferentes deportes naúticos (surf, paddlesurf. windsurf ou Kaiak) e disfrutaremos mogollón con xogos e veladas.

Actividades extraescolares

Facer dos centros educativos lugares máis cheos de natureza é algo fundamental se queremos formar unha sociedade máis sustentable e respectuosa co medio ambiente. Pero en Alados cremos ademáis que é moito máis ca iso. É tamén fomentar o benestar físico-social dos rapaces ofrecéndolles actividades de ocio educativo non sobreestimulantes que potencien o traballo en equipo, o respeto, a resolución de problemas e o libre movemento

 

SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN SOLICITÁDENOS O CATÁLOGO

Que mellor xeito de coñecer a Natureza que adentrarte nela...

Observar aves, seguir rastros e sinais de animais, contemplar as árbores danzar co vento, cheirar unha flor...

En ALADOS queremos ensinar ós nen@s o amor pola natureza. Ensinarlles o valor de cada planta, de cada fungo e de cada toxo. Para que a través do coñecemento saiban e queiran protexela e conservala.

Estas excursións poden incluir diversas actividades ó aire libre: itinerarios guiados, obradoiros, xogos e mesmo actividades artísticas na natureza, simultáneamente ou unha soa.

Temos un variado catálogo de sitios en Galicia onde realizar excursións deste tipo. As cales estarán adaptadas por grupo de idade, tanto en contidos como en dificultade.

DISPOÑIBLE: TODO O ANO

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Pinterest - Black Circle
  • Instagram - Black Circle

EDUCACIÓN AMBIENTAL- Nos Coles

 

Para ensinar de natureza e medio ambiente nas aulas temos multitude de opcións adaptadas segundo grupo de idade, para INFANTIL - PRIMARIA - SECUNDARIA E ESPECIAL. Levaremos á escola todo o importante da Natureza nas nosas MALETAS MÁXICAS: Cheiros, sons, plumas, coleción de rastros de animais e moitas cousas. En actividades dinámicas, participativas e moi activas os vosos alumn@s aprenderán de aves, clima, polución e cambio climático, fauna e ecosistemas galegos e multitude de cousas relacionadas coa bioloxía e o coñecemento do medio. Co propósito de infundir neles o amor e respeto pola natureza.

Como actividades temos dispoñibles: Charlas, coloquios, obradoiroscontacontos para os máis pequeniños do cole.

DISPOÑIBLE: TODO O ANO

SE QUEREDES MÁIS INFO SOLICITADE O CATÁLOGO:

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Pinterest - Black Circle
  • Instagram - Black Circle

MINI-CAMPAS ambientais

 

Minicampamentos a diversos lugares naturais de Galicia onde realizaremos diferentes obradoiros de educación ambiental (observación de fauna e flora, roteiros guiados, etc), practicaremos diferentes deportes naúticos (surf, paddlesurf. windsurf ou Kaiak) e disfrutaremos mogollón con xogos ó aire libre veladas. O aloxamento o faremos en diversos albergues xuvenís ou cámpings. 

Algún dos sitios onde podemos ir son: Praia de Liméns (Cangas), Fragas de Eume (Pontedeume), Praia de Patos (Nigrán), Serra de San Mamede (Vilar de Barrio) e Taboada (Lugo).

Contáctanos para saber máis sobre os diferentes lugares e tarifas!

DISPOÑIBLE: De MARZO a XUÑO

SE QUEREDES MÁIS INFO SOLICITADE O CATÁLOGO:

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Pinterest - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
 

Actividades extraescolares

En Alados queremos ofrecer actividades extraescolares diferentes e innovadoras, que ofrezan un tempo de ocio educativo baseado no coñecemento do medio e bioloxía, a ecoloxía e as actividades artísticas. Todo isto a través de dinámicas que potencien o traballo en equipo, a participación activa e a resolución de conflictos.

As opcións que ofrecemos son: Arte e natureza, Ecoteatro, Horta ecolóxica, educación ambiental, xoiaría + customización de roupa, ciencia divertida e unha novidade para o ano que ven: o patio que soñamos!

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOLICITADE O CATÁLOGO

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Google+ - Black Circle
  • YouTube - Black Circle
  • Pinterest - Black Circle
  • Instagram - Black Circle

CONTÁCTANOS

662 140 027

  • White Facebook Icon

Atópanos en Facebook

Alados Medioambiente

 

© 2023 by Alados Medioambiente.

​Número Rexistro Central Asociacións: 2017/021795-1

  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon
Obradoiros creativos

Obradoiros creativos na Natureza