INFORMACIÓN
- Tribu Bosquinenos Saiáns -
Lugar e Instalacións
Lugar: Merendeiro do Parque Forestal de Saiáns (Vigo).
Temos como refuxio a Cabaña de madeira ou o Local da comunidade de montes, ubicados en pleno merendeiro do parque forestal.
Datas-Horarios
ACTIVIDADES DE OUTUBRO A XUÑO
-
Extraescolar: Tódolos Martes (salvo periodos de vacacións escolares)
Horario: Entrada flexible entre 15:30/16:00 ata as 18:00 h.
-
Sesións de Fin de Semana: Sábados
Pódese contratar 1 ou 2 actividades ao mes
Asistindo de xeito regular tódolos meses ou de maneira puntual un mes solto : Consulta o calendario de sesións anual AQUI
Horario De 11:00 a 13:30 h
- Idades -
-Tipo de equipamento -
Actividades dirixidas a Nenas e nenos moi Silvestres
de 5 a 12 Anos.
Cada crianza deberá acudir co seguinte equipamento:
-
Botas de auga / calzado impermeable
-
Pantalón/peto e cazadora impermeable.
-
Mochila con merenda e cantimplora
-
Bolsa con muda completa.
Actividades
Tódalas actividades se realizan ao aire libre, no Bosque, salvo condicións meteorolóxicas moi desfavorables, nas que empregaremos a Cabaña e Local. No Bosque realizaremos un Acompañamento respectuoso das crianzas, propiciando a exploración - investigación e descuberta da Natureza, ademáis de: xogo libre, carpinteria, talleres de arte e natureza, costura, voluntariado en favor do onte, e moitas cousas máis.
Prezos
1) Extraescolar:
-
Tódolos Martes: 30 euros/mes
2) Sesións de Fin de Semana :
-
1 Sesión/mes: 25 euros/mes
-
2 Sesións/mes: 40 euros/mes
-
Desconto do 5% por Irmán
-
A Consultar! Tarifas especiais para Socios/Comuneiros.
Inscrición
Para Inscribirse hai que cubrir o Formulario que poderedes atopar neste enlace.
Para asistencias en sesións de Sábado unha vez ao mes deberedes indicarnos con anterioridade as sesións de asistencia para que poidamos organizar o equipo educativo en función do ratio.
O PAGO da actividade se realiza en metálico o primeiro día de actividade de cada mes.