QUENSOMOS

Impulsamos actividades educativas e divulgativas para que as persoas se acheguen á Natureza dun xeito respectuoso. 

Coa certeza de que son necesarios cambios profundos no noso xeito de relacionarnos entre nós e co noso entorno natural.

Para encamiñarnos hacia unha sociedade máis sostible, respectuosa, libre e FELIZ.

Os nosos pilares son a educación ambiental, a educación na natureza, a arte en contacto coa natureza, o xogo ao aire libre e a educación en valores

 

PROXECTOS

Os Bosquinenos
Grupo de  xogo e aprendizaxe activo na Natureza

Si queres aprender a seguir rastros de animais, ou construir un comedeiro de aves ou unha cabana no bosque...este é o teu clube!

Únete á nosa TRIBU! 

e convírtete nun verdadeiro BOSQUINENO!!

Saimos ao campo cada mes en Familia.

Para divertirnos, aprender e disfrutar do entorno.

Grupo Mini (2 a 4 anos) e Grupo Infantil (5 a 12 anos)

Entre Setembro e Xuño.

Os pais/nais poden participar e asistir libremente e de balde!

(Temos Tribus en Vigo, Pontevedra, Cangas e A Coruña!) 

 
 
Sendeirismo
Itinerarios guiados en espazos naturais

A nosa paixón e disfrutar do aire libre e da natureza, percorrer sendas e coñecer lugares incribles da nosa xeografía e amosarvos as marabillas naturais da nosa terra.

Saímos un domingo de cada mes a percorrer diferentes espazos naturais.

Cada excursión a complementamos con actividades como observación de fauna e flora, interpretación do patrimonio e actividades de benestar físico-mental ao aire libre (Hipopresivos, relaxación, etc.)

Únete ao noso camiño!!

Pequerroteiros
Sendeirismo para familias con bebés y nenos pequeniños

Nós, como pais e nais preocupados pola crianza dos nosos fill@s, cremos que hai unha completa carencia de actividades  especialmente pensadas para familias con bebés. Por iso formamos este clube. Co que organizamos andainas nas que poderedes ofrecer aos vosos miúdos o seu primeiro contacto coa Natureza, á vez que favorecemos actividades de recuperación física á Nai en situación de Postparto. Xa que Inclúe Hipopresivos ó aire libre impartido por Enrique Fernández (técnico federado).

Actividades escolares
Excursións/ Obradoiros/ Convivencias / Charlas / Art&Nature

Con centros escolares temos múltiples opcións para coñecer espazos naturais, facer actividades de educación ambiental no propio centro (charlas e obradoiros) ou visitar o Pazo do Faramello.

Nas actividades nos entornos naturais realizaremos unha achega á Natureza a través de diferentes actividades ao aire libre, como Itinerarios guiados, Xogos ao aire libre, obradoiros e actividades creativas de expresión artística na natureza, observación de fauna e flora, etc. Todo isto complementado con saídas en barco, visita museos e interpretación de elementos patrimoniais.

Pazo do Faramello
Proxecto Educativo solidario

Si sodes un Centro Educativo e queredes adentrarvos na maxia do PAZO DO FARAMELLO (Rois, A Coruña) podedes facelo da nosa man. 

Unha experiencia máxica vos agarda, neste entorno fermosísimo cheo de lendas e cargado de historia.

3 Temas de Visita a escoller: Histórica, Literaria e Natureza.

Ciclos Educativos: Infantil até Secundaria

Proxecto BOSQUESCOLA
Rede de Viveiros en Centros Educativos

Con motivo dos terribles Lumes que nos asolaron o pasado 15 de Outubro de 2017 proxectamos este Proxecto que pretende REFORESTAR zonas da Comarca de Vigo con máis de 4.000 ÁRBORES AUTÓCTONAS!

QUE FACEMOS? Unha actividade de concienciación acerca dos Lumes + Siembra de árbores cos rapaces.

Si sodes un Centro Educativo (tódolos ciclos) e queredes participar podedes inscribirvos no Proxecto GRATUÍTAMENTE!

 

SEGUÍDENOS

 SUSCRÍBETE á nosas Listas de DIFUSIÓN !!

E non perdas ningunha novidade

DIFUSIÓN POR MAIL

  • Agrega o número 662 140 027 (Alados Medioambiente) á túa lista de contactos.

  • Envía unha mensaxe por Whatsapp co texto ALTA a ese numero.

  • Recibirás unha mensaxe de recibido para confirmar que te agregamos á Lista correctamente.

Periódicamente recibirás no teu whatsapp as últimas novidades en canto a actividades.

¡ GRACIAS !

CONTÁCTANOS

662 140 027

  • White Facebook Icon

Atópanos en Facebook

Alados Medioambiente

 

© 2023 by Alados Medioambiente.

​Número Rexistro Central Asociacións: 2017/021795-1

  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon