top of page
banner bosquinenos web-01.jpg
CORZO.jpg

 Próximas Actividades Provincia PONTEVEDRA 

Esta Primavera exploraremos acerca de.....

BSQ LOBOS baja resolución-01.jpg

CONTOS DE LOBOS

Que non vos conten tantos contos de lobos feroces! 

🐺Carapuchiña vermella, os tres porquiños....

🐺 Os lobos non son nin malos nin tan feroces!!!
Si queredes coñecer toda a verdade acerca destes animais tan fascinantes ( e non tan diferentes a nós) podedes acompañarnos nesta aventura lobuna na que aprenderemos a seguirlle as pistas aos lobos da nosa comarca, e coñecer así cómo son realmente, as súas costumbres e cómo viven en mandas salvaxes nos nosos montes! Vémonos no monte pequenos lobiños au au auuuuu!!!

ACTIVIDADES:

- Paseiño  en familia para seguemento de rastros e aprendizaxe

- Merenda campestre a media mañán (Non incluída na tarifa)

- Conto no Bosque

- Obradoiro creativo "Amigo dos Lobos"

 APTO + 3 ANOS 

FOXO DO LOBO DE LAXOSO (Pontecaldelas)

Datas: 

- Domingo 26  Marzo (Horario: 11 - 14 h)

- Domingo 16 de Abril (Horario: 11 - 14 h)

TARIFAS:

Adulto: 6 euros

Nenos: 12 euros

Desconto 10% a Familias (2 nen@s + 1 adulto):

Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.

Inclúe: Educadores ambientais + material actividades + seguro

Rastros Vigo 2023-01.jpg

RASTROS DE ANIMAIS

O Bosque está cheo de vida: Teixugos, raposos, xabarins, xinetas, foiñas, doniñas, esquíos, petos, Corzos......

Todos eles viven preto de nós. Pero a maioría das veces non nos percatamos da súa presencia, non os vemos, nin sabemos onde están.

Pero, qué indicios podemos atopar no Bosque que nos desvelen a súa presencia?

Acompañádenos nesta nova aventura na que aprenderemos tódolos segredos da vida no Bosque aprendendo acerca de rastros , pegadas e sinais  de tódolos  animais!

 

ACTIVIDADES:

- Paseiño de exploración en Familia, seguemento de rastros

- Merenda campestre a media mañán (Non incluída na tarifa)

- Obradoiro "Caderno de Campo"

- Conto no Bosque

 APTO + 3 ANOS 

ROTEIRO MUIÑOS DE ZAMÁNS

(Vigo)

Datas: 

- Domingo 23 de Abril  (Horario: 10.30 - 13.30 h)

- Domingo 30 de Abril  (Horario: 10.30 - 13.30 h)

TARIFAS:

Adulto: 6 euros

Nenos: 12 euros

Desconto 10% a Familias (2 nen@s + 1 adulto):

Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.

 

Inclúe: Educadores ambientais + material actividades + seguro

BSQ BUFOS POIO-01.jpg

BUFOS, MOUCHOS E CURUXAS

Estes silenciosos cazadores da noite exercen unha fascinación especial por toda a maxia e lendas que os envolveu dende sempre. Tódolos segredos que agochan estes seres nocturnos serán desvelados neste día no que nos adentraremos no reino nocturno das Curuxas, dos mouchos e dos Bufos.

 

ACTIVIDADES:

- Paseiño de exploración e aprendizaxe en Familia + taller de egagrópilas

- Obradoiro  "Elaboración dun Bufo con material natural"

- Conto no Bosque

- Merenda campestre a media mañán (Non incluida)

 APTO + 2 ANOS 

ÁREA RECREATIVA O CASTRO

(Poio)

Data: 

- Domingo 30 de Abril  (Horario: 10.30 - 13.30 h)

TARIFAS:

Adulto: 6 euros

Nenos: 12 euros

Desconto 10% a Familias (2 nen@s + 1 adulto):

Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.

 

Inclúe: Educadores ambientais + material actividades + seguro

Momentos Bosquinenos:
educando no amor e respeto pola Natureza....

Ancla 1

INFORMACIÓN RELEVANTE

​Cómo
Inscribirse

1) Entra en EVENTOS, selecciona a actividade e día ao que queredes asistir, cubre o Formulario de inscrición e sigue as instruccións de pago.

2) Recibirás un EMAIL co teu TICKET de entradas como confirmación. Deberedes gardalo ata o día da actividade.

3) Garda como contacto o noso número de teléfono 662140027 e 2 días antes do evento recibiredes por whatsapp toda a información do mesmo: Ubicación do punto de encontro, recordatorio e recomendacións

Tarifas

TARIFA XERAL

Adulto*: 6 €

Niñ@**: 12 €

MENORES DE 2 ANOS GRATIS.

TARIFA FAMILIAR* (10% desconto): Nen@s: 10,8 euros e Adultos: 5,4 euros

*DESCONTO 10%FAMILIAS (a partir da inscrición de 1 adulto e 2 nen@s)

Introduce o Código de CUPÓN "FAMILIA"  no formulario de compra dos tickets e disfruta do desconto!

INCLÚE: Educadores ambientais + material actividades + seguro

* ADULTOS: Maiores de 12 anos.

** NEN@S: entre os 2 e 12 anos.

Qué pasa si dan chuvia pra o día da actividade

 

O EVENTO SE APRAZARÁ A OUTRA DATA.

O aviso de confirmación do evento se vos envía por WHATSAPP dous días antes da data da actividadeXunto co resto de información do evento.

Non se realizan Devolucións.

Quen pode participar

FAMILIAS AO COMPLETO

 

Salvo excepcións en determinadas actividades, xeralmente os Nen@s entre 2 e 12 anos. 

Menores 2 anos sempre que estén ao coidado dalgún tutor.

- Tódalas actividades están pensadas para disfrutar e aprender en familia. 

Contáctanos

info@alados.es  |  Tel: 662 140 027

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Icono negro Pinterest

Teño un Vale non disfrutado

Si sodes posuidores dun Vale e vos queredes inscribir nalgunha actividade facendo uso del podedes facelo en calqueira outro evento similar que organicemos.

Para inscribiros a outro evento cun Vale podedes facelo escribíndonos por Whatsapp ao 662140027, indicándonos o evento ao que queredes asistir  e enviándonos o pdf do  Vale.

 

Só permitimos 1 só cambio de evento por reserva, sempre e cando nos avisedes do mesmo cambio con 5 días de antelación con respecto da data do evento.

Estades inscritos e NON podedes asistir

Non se realizan devolucións.

Pero Si estades inscritos nun evento e finalmente non podedes asistir a él, TENDES 2 OPCIÓNS:

1) Solicitarnos trocar os tickets de entrada por un VALE, cun valor igual ao importe dos tickets xa pagados. Poderedes trocar o vale por outros tickets de entrada para calquer outro evento similar que organicemos.

 Para ter dereito a o Vale deberedes comunicarnos a anulación da vosa asistencia como mínimo con 5 días de antelación (con respecto á data de realización do evento) 

- Límite de prazo para disfrutar do VALE: 1 ANO

 

2) Cambiarse de evento a outra data ou lugar..

Só se permite 1 cambio de evento por Reserva.

 

Que debemos levar

ROUPA E CALZADO APTO PARA O MONTE e adecuados ás condicións meteorolóxicas imperantes

Preferible roupa impermeable e de abrigo

MANTEL de PICNIC, esterilla de deporte ou similar: para sentarse

Cantimplora con AUGA

​Cómo saber a ubicación do punto de encontro

2 Días antes do evento recibiredes un WHATSAPP no cal vos enviaremos a Confirmación del evento, (dependente da previsión meteorolóxica) + ubicación do punto de encontro  + recordatorio e recomendacións

bottom of page