


Próximas Actividades Provincia PONTEVEDRA
Esta Primavera exploraremos acerca de.....

CONTOS DE LOBOS
Que non vos conten tantos contos de lobos feroces!
🐺Carapuchiña vermella, os tres porquiños....
🐺 Os lobos non son nin malos nin tan feroces!!!
Si queredes coñecer toda a verdade acerca destes animais tan fascinantes ( e non tan diferentes a nós) podedes acompañarnos nesta aventura lobuna na que aprenderemos a seguirlle as pistas aos lobos da nosa comarca, e coñecer así cómo son realmente, as súas costumbres e cómo viven en mandas salvaxes nos nosos montes! Vémonos no monte pequenos lobiños au au auuuuu!!!
ACTIVIDADES:
- Paseiño en familia para seguemento de rastros e aprendizaxe
- Merenda campestre a media mañán (Non incluída na tarifa)
- Conto no Bosque
- Obradoiro creativo "Amigo dos Lobos"
APTO + 3 ANOS
FOXO DO LOBO DE LAXOSO (Pontecaldelas)
Datas:
- Domingo 26 Marzo (Horario: 11 - 14 h)
- Domingo 16 de Abril (Horario: 11 - 14 h)
TARIFAS:
Adulto: 6 euros
Nenos: 12 euros
Desconto 10% a Familias (2 nen@s + 1 adulto):
Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.
Inclúe: Educadores ambientais + material actividades + seguro

RASTROS DE ANIMAIS
O Bosque está cheo de vida: Teixugos, raposos, xabarins, xinetas, foiñas, doniñas, esquíos, petos, Corzos......
Todos eles viven preto de nós. Pero a maioría das veces non nos percatamos da súa presencia, non os vemos, nin sabemos onde están.
Pero, qué indicios podemos atopar no Bosque que nos desvelen a súa presencia?
Acompañádenos nesta nova aventura na que aprenderemos tódolos segredos da vida no Bosque aprendendo acerca de rastros , pegadas e sinais de tódolos animais!
ACTIVIDADES:
- Paseiño de exploración en Familia, seguemento de rastros
- Merenda campestre a media mañán (Non incluída na tarifa)
- Obradoiro "Caderno de Campo"
- Conto no Bosque
APTO + 3 ANOS
ROTEIRO MUIÑOS DE ZAMÁNS
(Vigo)
Datas:
- Domingo 23 de Abril (Horario: 10.30 - 13.30 h)
- Domingo 30 de Abril (Horario: 10.30 - 13.30 h)
TARIFAS:
Adulto: 6 euros
Nenos: 12 euros
Desconto 10% a Familias (2 nen@s + 1 adulto):
Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.
Inclúe: Educadores ambientais + material actividades + seguro

BUFOS, MOUCHOS E CURUXAS
Estes silenciosos cazadores da noite exercen unha fascinación especial por toda a maxia e lendas que os envolveu dende sempre. Tódolos segredos que agochan estes seres nocturnos serán desvelados neste día no que nos adentraremos no reino nocturno das Curuxas, dos mouchos e dos Bufos.
ACTIVIDADES:
- Paseiño de exploración e aprendizaxe en Familia + taller de egagrópilas
- Obradoiro "Elaboración dun Bufo con material natural"
- Conto no Bosque
- Merenda campestre a media mañán (Non incluida)
APTO + 2 ANOS
ÁREA RECREATIVA O CASTRO
(Poio)
Data:
- Domingo 30 de Abril (Horario: 10.30 - 13.30 h)
TARIFAS:
Adulto: 6 euros
Nenos: 12 euros
Desconto 10% a Familias (2 nen@s + 1 adulto):
Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.
Inclúe: Educadores ambientais + material actividades + seguro
Momentos Bosquinenos:
educando no amor e respeto pola Natureza....









INFORMACIÓN RELEVANTE
Cómo
Inscribirse
1) Entra en EVENTOS, selecciona a actividade e día ao que queredes asistir, cubre o Formulario de inscrición e sigue as instruccións de pago.
2) Recibirás un EMAIL co teu TICKET de entradas como confirmación. Deberedes gardalo ata o día da actividade.
3) Garda como contacto o noso número de teléfono 662140027 e 2 días antes do evento recibiredes por whatsapp toda a información do mesmo: Ubicación do punto de encontro, recordatorio e recomendacións
Tarifas
TARIFA XERAL
Adulto*: 6 €
Niñ@**: 12 €
MENORES DE 2 ANOS GRATIS.
TARIFA FAMILIAR* (10% desconto): Nen@s: 10,8 euros e Adultos: 5,4 euros
*DESCONTO 10%FAMILIAS (a partir da inscrición de 1 adulto e 2 nen@s)
Introduce o Código de CUPÓN "FAMILIA" no formulario de compra dos tickets e disfruta do desconto!
INCLÚE: Educadores ambientais + material actividades + seguro
* ADULTOS: Maiores de 12 anos.
** NEN@S: entre os 2 e 12 anos.
Qué pasa si dan chuvia pra o día da actividade
O EVENTO SE APRAZARÁ A OUTRA DATA.
O aviso de confirmación do evento se vos envía por WHATSAPP dous días antes da data da actividade, Xunto co resto de información do evento.
Non se realizan Devolucións.
Quen pode participar
FAMILIAS AO COMPLETO
Salvo excepcións en determinadas actividades, xeralmente os Nen@s entre 2 e 12 anos.
Menores 2 anos sempre que estén ao coidado dalgún tutor.
- Tódalas actividades están pensadas para disfrutar e aprender en familia.
Teño un Vale non disfrutado
Si sodes posuidores dun Vale e vos queredes inscribir nalgunha actividade facendo uso del podedes facelo en calqueira outro evento similar que organicemos.
Para inscribiros a outro evento cun Vale podedes facelo escribíndonos por Whatsapp ao 662140027, indicándonos o evento ao que queredes asistir e enviándonos o pdf do Vale.
Só permitimos 1 só cambio de evento por reserva, sempre e cando nos avisedes do mesmo cambio con 5 días de antelación con respecto da data do evento.
Estades inscritos e NON podedes asistir
Non se realizan devolucións.
Pero Si estades inscritos nun evento e finalmente non podedes asistir a él, TENDES 2 OPCIÓNS:
1) Solicitarnos trocar os tickets de entrada por un VALE, cun valor igual ao importe dos tickets xa pagados. Poderedes trocar o vale por outros tickets de entrada para calquer outro evento similar que organicemos.
Para ter dereito a o Vale deberedes comunicarnos a anulación da vosa asistencia como mínimo con 5 días de antelación (con respecto á data de realización do evento)
- Límite de prazo para disfrutar do VALE: 1 ANO
2) Cambiarse de evento a outra data ou lugar..
Só se permite 1 cambio de evento por Reserva.
Que debemos levar
ROUPA E CALZADO APTO PARA O MONTE e adecuados ás condicións meteorolóxicas imperantes
Preferible roupa impermeable e de abrigo
MANTEL de PICNIC, esterilla de deporte ou similar: para sentarse
Cantimplora con AUGA
Cómo saber a ubicación do punto de encontro
2 Días antes do evento recibiredes un WHATSAPP no cal vos enviaremos a Confirmación del evento, (dependente da previsión meteorolóxica) + ubicación do punto de encontro + recordatorio e recomendacións