


Próximas Actividades CORUÑA
Nova tanda de Rastrexo de animais en Novembro

Aprendendo a Rastrexar Animais en Familia!!
O Bosque está cheo de vida: Teixugos, raposos, xabarins, xinetas, foiñas, doniñas, esquíos, petos, Corzos......
Todos eles viven preto de nós. Pero a maioría das veces non nos percatamos da súa presencia, non os vemos, nin sabemos que están.
Pero, qué indicios podemos atopar no Bosque que nos desvelen a súa presencia?
Acompañádenos nesta nova aventura na que aprenderemos acerca de rastros , pegadas e sinais de tódolos animais!
ACTIVIDADES
- Paseiño de exploración en Familia, seguemento de rastros
- Merenda campestre a media mañán
- Obradoiro "Caderno de Campo"
- Conto no Bosque
APTO + 3 ANOS
ONDE: ENCORO CECEBRE
DATAS:
- Sábado 5.11.22 (Horario: 10.30 - 13.30h)
TARIFAS:
1 Adulto: 6 euros
1 Nen@: 12 euros
DESCONTO do 10% para Familias (2 nen@s + 1 adulto): Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.
A Tarifa inclúe: educador ambiental + material actividades + merenda campestre + seguro

OUTONO NO BOSQUE DOS VECIÑOS (Oleiros)
Pasear en Outono polo Bosque é unha experiencia absolutamente máxica....
As cores douradas e vermellas nas árbores, o manto de folliñas no chan coas cales poder xogar, as castañas e landras, o voo frenético dos Gaios na procura de landras para subsistir no inverno..todo o bosque bule moi atarefado antes da chegada do frío. ¿Queredes disfrutar e aprender con nós da maxia do outono no Bosque? Acompañádenos nestes paseiños máxicos, nos que teremoes tamn un conto no Bosque e remataremos elaborando fermosísimos candís de outono para prender coa luz do outono na casa.
ACTIVIDADES
- Paseiño de exploración en Familia, seguemento de rastros
- Merenda campestre a media mañán
- Obradoiro "Elaboración dun Candil de Outono"
- Conto no Bosque
APTO + 2 ANOS
ONDE: Bosque dos Veciños (Oleiros)
DATAS:
- Tanda 1: Sábado 19.11.22 (Horario: 10.30 - 13.30h)
- Tanda 2: Domingo 20.11.22 (Horario: 10.30 - 13.30h)
TARIFAS:
1 Adulto: 6 euros
1 Nen@: 12 euros
DESCONTO do 10% para Familias (2 nen@s + 1 adulto): Introduce o código de cupón "FAMILIA" no proceso de pago para disfrutalo.
A Tarifa inclúe: educador ambiental + material actividades + merenda campestre + seguro
Momentos Bosquinenos:
educando no amor e respeto pola Natureza....
INFORMACIÓN RELEVANTE
Cómo
Inscribirse
1) Entra en EVENTOS, selecciona a actividade e día ao que queredes asistir, cubre o Formulario de inscrición e sigue as instruccións de pago.
2) Recibirás un EMAIL co teu TICKET de entradas como confirmación. Deberedes gardalo ata o día da actividade.
Tarifas
TARIFA XERAL
Adulto*: 6 €
Niñ@**: 12 €
MENORES DE 2 ANOS GRATIS.
DESCONTO 10% FAMILIAS (a partir da inscrición de 2 adultos e 2 nen@s)
Introduce o Código de CUPÓN "FAMILIA" no formulario de compra dos tickets e disfruta do desconto!
INCLÚE: Educadores ambientais + material actividades + merenda campestre + seguro
* ADULTOS: Maiores de 12 anos.
** NEN@S: entre os 2 e 12 anos.
Qué pasa si vai a chover o día da actividade
O EVENTO SE APRAZARÁ A OUTRA DATA.
O aviso de confirmación do evento se vos envía por WHATSAPP dous días antes da data da actividade, Xunto co resto de información do evento.
Non se realizan Devolucións.
QuEn pOde participar
FAMILIAS AO COMPLETO
Salvo excepcións en determinadas actividades, xeralmente os Nen@s entre 2 e 12 anos.
Menores 2 anos sempre que estén ao coidado dalgún tutor.
- Tódalas actividades están pensadas para disfrutar e aprender en familia.
Teño unha Entrada pagada e non disfrutada
Tendes 1 ANO de Prazo para disfrutar unha Entrada pagada e Non disfrutada.
Para inscribiros con entradas pagadas non disfrutadas podedes facelo escribíndonos por Whatsapp ao 662140027 e enviándonos o pdf coas entradas.
Só permitimos 1 só cambio de evento por reserva, sempre e cando nos avisedes do mesmo cambio con 5 días de antelación.
Estades inscritos e NON podedes asistir
Deberedes comunicárnoslo con 5 días de antelación (con respecto á data de realización do evento) para non perder as entradas pagadas, puidendo facer uso delas en calquer outro evento similar*.
- Límite de prazo para disfrutar as entradas pendentes: 1 ANO.
- Sólo se permite 1 cambio de evento por Reserva.
* Para xustificar a posesión dunha entrada pagada deberedes gardar voso TICKET-ENTRADA ata disfrutar da mesma.
Non se realizan devolucións.
Que debemos levar
ROUPA E CALZADO APTO PARA O MONTE e adecuados ás condicións meteorolóxicas imperantes
Preferible roupa impermeable e de abrigo
MANTEL de PICNIC, esterilla de deporte ou similar: para sentarse
Cantimplora con AUGA
Cómo saber a ubicación do punto de encontro
2 Días antes do evento recibiredes un WHATSAPP no cal vos enviaremos a Confirmación del evento, (dependente da previsión meteorolóxica) + ubicación do punto de encontro + recordatorio e recomendacións