Un Proxecto co que prevemos SEMENTAR neste curso 2017/18  máis de 4.000 árbores autóctonas en Centros Educativos da Comarca de Vigo e bisbarra.

 

Cada neno sembrará a súa propia árbore, árbore que terá que coidar ata  2019, cando os terrenos afectados estén aptos para plantar e podamos formar alí un novo FUTURO en forma de  BOSQUE AUTÓCTONO.

Por qué realizar a Rede de Viveiros en Colexios?

Queremos que cada neno aprenda OS TEMPOS DA NATUREZA. Non é sinxelo para un rapaz darse conta de que en só unhas poucas horas de incendio perdeuse o traballo de décadas nos montes.

A Natureza ten os seus propios tempos e ritmos.

E para saber exactamente o valor do que temos perdido, necesitamos tamén transmitir aos nenos o traballo e o tempo que tarda a Natureza en formar un Bosque.

SEMENTAMOS HOXE PARA PLANTAR AS ÁRBORES NO 2019

Por iso, cada neno coidará a súa propia  árbore sementada durante máis dun ano, o que indirectamente inculcará nel valores como a CONSTANCIA, RESPECTO, PACIENCIA e TRABALLO.

QUE FACEMOS EN CADA XORNADA NO COLE?

1) En cada Xornada en Colexio daremos unha CHARLA EDUCATIVA ACERCA DOS LUMES

Para que os nenos, que son o futuro, aprendan dunha vez por todas as GRAVES CONSECUENCIAS que teñen os INCENDIOS, tanto para o medio ambiente, como para a nosa economía, sociedade, etc. 

Para que esta barbarie dos Lumes cese. 

Tamén daremos nocións acerca da SECUENCIA ECOLÓXICA DOS BOSQUES

2) Despois SEMENTAREMOS UNHA ÁRBORE POR CADA RAPAZ

SEMENTAMOS HOXE PARA PLANTAR AS ÁRBORES NO 2019

Polo que tódalas árbores sementadas no cole quedarán a cargo de cada rapaz ata o 2019, cando os terreos estean preparados e as árbores sexan o suficientemente grandes como para ser prantadas no Monte.

3) Ademáis, para rematar a actividade, analizaremos con Lupas diferentes Mostras de Solo, para observar como de vivo son os solos.

COMO IMOS A FINANCIAR O PROXECTO?

Fundamentalmente a través das actividades que facemos no noso Proxecto de Educación Ambiental OS BOSQUINENOS que levamos a cabo en Vigo, Pontevedra, Cangas e A Coruña.

+ INFO dos BOSQUINENOS AQUÍ

E posibles pequenas donacións particulares que recibamos.

PRECISAMOS VOLUNTARIOS?

Pues precisaremos voluntarios que nos axuden nas XORNADAS DE SEMENTACIÓN NOS COLEXIOS e posiblemente nos días de PLANTACIÓN no 2019.


Aunque a actividade principal realizámola nós mesmos e a charla será organizada por nós, precisamos persoas colaboradoras que axuden no momento de sementar cos nenos.

SI QUERES AXUDARNOS ESCRÍBENOSinfo@alados.es y solicita más información.

 

TÓDALAS ACTIVIDADES DESTE PROGRAMA LEVARÉMOLAS A CABO EN COLEXIOS DA ZONA DE VIGO-GONDOMAR-MORRAZO.

 

CANDO SEMENTAREMOS?

Realizaremoslas tandas de sementeira en 2 ÉPOCAS: Finales de Outono-Principios de inverno de 2017 e la seguinte en Primavera de 2018.

 

CANDO E ONDE   PLANTARÉMOLAS ÁRBORES?

En 2019 acordaremos coas CMVMC das zonas afectadas coas que teñamos convenio  o día e a zona onde plantaremolas árbores.

Algunhas  plantacións, si o terreo o permite, levaremos a cabo a plantación das árbores xunto cos mesmos nenos dos centros educativos nos que sembramos.

CADA FUTURO BOSQUE LEVARÁ UNHA PLACA CONMEMORATIVA CO NOME DO COLEXIO COLABORADOR.


Para estas labores precisamos VOLUNTARIOS e COLABORADORES que nos axuden nas Xornadas.

 

SOMOS UN COLE E QUEREMOS PARTICIPAR,

 COMO PODEMOS INSCRIBIRNOS?

Escribídenos a info@alados.es o chamádenos ao 662 140 027 solicitando colaboración.

Tamén podedes CUBRIR O FORMULARIO dispoñible no seguinte enlace:

 

 

 

 

SON UNHA PERSOA PARTICULAR E QUERO AXUDAR, COMO PODO FACELO?

Tan só escríbenos a info@alados.es ou chámanos ao

 662 140 027 solicitando colaboración e te informaremos.

Consultade as NOVIDADES do Proxecto no noso BLOG pinchando AQUÍ

ENTRE TODOS MUDAREMOS O FUTURO DOS NOSOS MONTES!

grazas!!!

​SEGUÍDENOS

 

© 2023 by Alados Medioambiente.

​Número Rexistro Central Asociacións: 2017/021795-1

  • Black Facebook Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Instagram Icon