


- O BOSQUE ATLÁNTICO EN OUTONO -
Unha Obra maestra da Natureza
O Domingo 19/11 tendes a oportunidad de coñecer en profundidade da nosa man un dos Bosques Atlánticos mellor conservados de Galicia.
Toda a fraga que envolve á Fervenza do Río Toxa (Silleda) está conformada por unha ampla variedade de árbores autóctonas: Sobreiras, Carballos, Castiñeiros, Cerquiños, Érbedos,...fan deste bosque primixenio un lugar que non deixa indiferente a ninguén.
COÑECER PARA AMAR E RESPECTAR
Mentres camiñamos por este espectacular entorno aprenderemos cómo foi a súa evolución, as especies que o forman, a alta biodiversidade que atopamos, a súa ecoloxía e as ameazas que sofren, sobre todo en referencia aos Lumes.
¡ANÍMATE E PARTICIPA!
APTO + 10 anos.
12 kms.
Dificultade baixa.
Para participar é necesario inscribirse previamente
TARIFAS:
Socios: 7 euros
Non Socios: 12 euros
Nenos de balde